A “Retrospectiva Entre Amigos”, organizada pola Oficina de Socias e Socios co gallo da conmemoración do 40 aniversario do Museo do Pobo Galego, mostra unha escolma das fotografías presentadas nas oito edicións da exposición “Entreamigos”, pretendendo manter, dun lado, o seu valor etnográfico e, doutro, a calidade, dando cabida a todas as persoas socias que participaron.
En 1999, e por iniciativa da entón socia (e agora patroa) Rosa Méndez, faise un chamamento a socias e socios do MPG para organizar unha mostra de fotografía etnográfica que os achegase máis ás actividades do museo e de xeito que reforzasen as relacións entre a institución e as persoas que se integran nela. O éxito da iniciativa favoreceu a continuidade deste tipo de mostras, converténdose nun evento bienal.
Co gallo do 40 Aniversario do MPG decidiuse homenaxear a quen contribuíron ao longo destas oito edicións, coa achega das súas fotografías e visións particulares da etnografía e da antropoloxía, reunindo un conxunto de cadaquén. Desta maneira a mostra comprende unha significativa variedade temática desde a arquitectura popular, festas e romarías, oficios ata a interpretación subxectiva e abstracta de sentimentos, e incluso traballos etnográficos sobre outras culturas alleas á nosa.
From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours
Sundays and holidays
11 - 14 hours
MONDAYS CLOSED
December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours
Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)
Ordinary ticket:
4 euros
Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)
Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed
Groups of 6 or more:
3 euros per person
Temporary Exhibition visits:
Free
Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.
Download