Andar polo mar sen perigo foi un dos segredos mellor gardados polos antigos navegantes. Cómpre agardar ao século XIII para que coa difusión das primeiras cartas, o coñecemento empece a ser patrimonio cada vez de máis persoas, ata que se converte de todos ao saíren as primeiras impresas na segunda metade do século XVI.
Algunhas limítanse a unha determinada parte da nosa costa, como as rías, pero son as menos, porque a inmensa maioría abarca moita máis extensión, non sendo o noso mar máis que unha porción do que se representa. Na presente mostra hai exemplares de ambas as dúas.
Están ordenadas cronoloxicamente, de forma que se poida comprobar a evolución das técnicas de reprodución, así como a incorporación dos novos coñecementos e descubrimentos, sendo cada vez máis fiables tanto polo que atinxe ás distancias, como aos accidentes xeográficos. O Museo do Pobo Galego posúe moitas máis, na súa maioría pertencentes á colección de Clodio González Pérez, pero como non é posible expoñelas todas houbo que facer unha selección na que entrasen exemplares antigos e modernos, que permita levar a termo un estudo comparativo ao longo dos séculos.
A beleza das cartas depende do gusto de cada época e da sabenza dos deseñadores e gravadores, sobresaíndo neste aspecto as máis antigas que aínda lembran a fasquía das medievais, nas que aos motivos ornamentais, reais e fantásticos, dábaselle case tanta importancia como á información propiamente náutica.
Os sistemas dixitais actuais son moito máis seguros, pero carecen do encanto destas vellas cartas de papel.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga