Dacabalo entre dúas provincias, Lugo e Oviedo, nas concas dos ríos Eo e Navia, pervive unha comunidade humana, vinculada á labranza do ferro desde tempos remotos. Nos concellos galegos de Riotorto, A Pontenova e A Fonsagrada, e nos asturianos de Os Oscos, Grandas de Salime e Taramundi, habitan aínda decenas de artesáns do ferro, ferreiros, herdeiros dunha tradición ininterrompida e que segue aínda hoxe viva.
Este fotoensaio trata de ser un retrato fiel no momento actual dunha comunidade homoxénea e coherente, ao seu modo, que permaneceu para moitos galegos e asturianos ignorada.
Baixo o fío sincrónico da serie de retratos que forman parte desta exposición, esténdese outro relato diacrónico no que o momento presente forma parte dun continuum espazo-temporal ininterrompido, unha longa Idade do Ferro, que só é posible entender cunha visión totalizadora, na que o pasado nos dá as claves necesarias que explican o presente.
José M. Salgado. A Coruña, 1968
Xornalista e fotógrafo, colabora ou promove distintas actividades relacionadas coa difusión cultural, comisariado de exposicións, edición de libros, etc… No eido fotográfico, a fotografía documental é unha das ramas que máis cultiva. A presente exposición forma parte dun proxecto máis amplo que verá a luz ao longo do presente ano en forma de libro.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga