Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí.

Language

Select your language

quick navigation menu

Back to start, browse the the web map or contact us



You are in::

Exhibitions

ENTRE NÓS

18-02-2016 - 17-04-2016

Gabriel Tizón é un buscador infatigable de paisaxes humanas. Alí onde vaia, sexa en Europa ou no Magreb, en África subsahariana ou en Indonesia, nas ribeiras do Mediterráneo azoutadas pola gran vaga migratoria dos que foxen da violencia na procura dun refuxio seguro para si e as súas familias, ou na súa Ferrolterra natal, empuña a cámara como un apéndice da súa mirada atenta para retratar os seres humanos que o rodean, coa maior obxectividade posible, sen deixar que as emocións medien no seu traballo. Iso queda para despois, para os encontros persoais cos retratados, para ir construíndo a crónica desas realidades que logo comunica nas súas publicacións e conferencias. Entre nós é unha serie de imaxes cotiás, un conxunto de escenas diversas e familiares nas que todos podemos recoñecer moitos deses rostros e paisaxes. Foi en Casablanca, da man do Instituto Cervantes, onde primeiro se mostraron a maioría destas fotos, que agora ven a luz en Galicia. Pero deixemos que sexa o autor quen o diga coas súas propias palabras. «Esta mostra consta de imaxes realizadas nas últimas dúas décadas da miña vida como fotógrafo ao longo do meu país, Galicia. Levo case 20 anos facendo imaxes polos catro continentes, pero cando reviso o meu arquivo a inmensa maioría están feitas na miña terra, e penso que chegou o momento de presentarllas ao público. Cada vez que me atopaba lonxe das nosas fronteiras apreciaba máis os valores aprendidos do meu país, porque como dixo unha veciña na miña aldea mentres lle facía unha foto: “Teño case 90 anos e aínda estou coñecendo o meu pobo. Hai que viaxar máis arredor da casa para entender o que pasa no mundo”. »Galicia ensinoume a viaxar. País de xentes de mar e terra, rico en ideas propias e rico en ideas apropiadas da emigración retornada. TERRA RICA, e por iso non entendo un certo pesimismo que aínda pesa sobre os que vivimos nela; ela quérenos ben e nós deberiamos querela como se merece. Boto en falta unha Galicia máis presumida, espero que as miñas imaxes transmitan este sentimento propio. »Agora sinto que debo devolverlle en público a Galicia os valores que me concedeu, os que levo nas veas, os que me dixeron un día: xa estás preparado para viaxar, tes o idioma… Grazas GALICIA!».

Opening hours

Museum Opening Hours

From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours

Sundays and holidays
11 - 14 hours

MONDAYS CLOSED

December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours

Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)

Price

Museum prices

Ordinary ticket:
4 euros

Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)

Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed

Groups of 6 or more:
3 euros per person

Temporary Exhibition visits:
Free

Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)


WHERE WE ARE

Where we are

Access location map

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

New Web APOI

APOI Logo

More information in: apoi.museodopobo.gal



Group Visits

Group Visits

It is possible to arrange group visits by prior appointment

More information on guided visits

virtual visit

A virtual look at the museum

máis información das visitas guiadas

Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.  Quicktime Logo Download



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, addresse, contact and privacy policy