O Rial é unha pequena aldea do concello de Maceda, Ourense, coa súa propia historia de emigración. En setembro de 2010, Ehlaba e Riobó visitaron o lugar. Unha das portas chamoulles poderosamente a atención pola magnífica pechadura, as formas da madeira estragada e as aberturas que o tempo e a man do home deixaran nela. Era a porta da casa de Elena, a filla do Casal. Este home emigrou a Cuba e fixo fortuna. Co tempo os seus descendentes marcharon a Ourense, Vigo, Madrid e Miami. Nunha das últimas visitas, observaron como roubaran na aldea todo tipo de obxectos de ferro, entre eles as pechaduras de portas e fiestras. A “súa”, un dos mellores exemplares, correu esa sorte, polo que as imaxes captadas con anterioridade á desfeita son a única testemuña do que fora. A través das olladas, plasmadas en pinturas e fotografías, quixeron explicar a porta como separación, división ou traslado a outros mundos, a outras realidades, a outras dimensións. Poderíamos ver a porta que se deteriora como abandono. Eles prefiren vela como a evolución no proceso de deterioro físico que nos abre os camiños e amplía o noso campo de visión físico e espiritual. Velaquí unha homenaxe ao paso do tempo que todo o transforma na paisaxe do noso rural. Ehlaba Carballo de Dios (Xunqueira de Espadanedo, Ourense, 1960). Na adolescencia decidiu que o seu nome artístico sería Ehlaba. En 2002 comeza a pintar árbores, troncos, círculos e cores vivas plasmando un cosmos ordenado a través dos números e a xeometría, onde as cores e as formas simplifícanse chegando case á abstracción lineal. Co concepto de que todos somos Un e que a realidade que vemos é moi reducida, cada obra representa un fragmento da realidade, unha parte que marca as múltiples olladas e o seu anaco de verdade. Coa unión de unidades independentes Ehlaba crea unha obra de arte total e sintética. Realiza a súa primeira exposición en decembro de 2005 en Ponteareas. A partir de entonces as súas obras percorren salas e museos de Galicia, Barcelona, Irún, Lleida, Madrid, Portugal, Florencia, Nova York, Miami, París, Kyoto, Hiroshima e Tokio en Xapón entre outras. Riobó Prada (Bos Aires, 1967) é o nome que emprega Antón Fernández Escuredo, xornalista e licenciado en Historia da Arte, para asinar os seus traballos fotográficos. Traballa e colabora en diferentes medios de comunicación desde 1993, pasando da radio e os xornais á televisión na actualidade. De formación autodidacta, realiza traballos temáticos fotoxornalísticos e outros centrados, sobre todo, na paisaxe e no retrato. En 2009 participa na 20ª edición do “Galicia en foco” de fotoxornalismo galego organizado polo Club de Prensa de Ferrol. En 2011, xunto ao artista Manuel Blanco, realiza a exposición “Conchas peregrinas. Miradas diferentes” no Hostal dos Reis Católicos e participa en exposicións colectivas da asociación “La cañada del arte”. No ano 2014 recupera a participación co certame “Galicia en foco” co tema do Entroido Ribeirao de Chantada e realiza a súa primeira colaboración con Ehlaba na exposición “Lugares futuros” no I Festival Carlos Velo de Cine Rural.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga