Con esta mostra preténdese achegar ao público unha ampla selección pictórica deste autor, principalmente a obra máis etnográfica, aquela na que o artista se achega aos homes e mulleres do mundo mariñeiro e do rural interior, que pintaba nas súas tarefas cotiás.

González Del Blanco era orixinario de León, pero pasou a maior parte da súa vida en Santiago, aquí formou familia e aquí transcorreron os seus mellores anos dunha ampla traxectoria artística, por iso nesta retrospectiva poderanse contemplar tamén moitos dos seus debuxos dedicados a nosa cidade.
Outras facetas, quizais menos coñecidas do pintor estarán do mesmo xeito recollidas nesta mostra: bosquexos, debuxos acabados, gravados, ilustracións para libros, carteis, felicitacións... Un apartado especial para as vidreiras, técnica coa que o artista se familiariza en Nova York.

Por último unha liña do tempo con detallada documentación e diversas fotografías completará a visión deste recoñecido pintor.
From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours
Sundays and holidays
11 - 14 hours
MONDAYS CLOSED
December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours
Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)
Ordinary ticket:
4 euros
Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)
Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed
Groups of 6 or more:
3 euros per person
Temporary Exhibition visits:
Free
Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.
Download