
Comisariada por Luís Hixinio Flores Rivas e Orlando Viveiro Veiga, a mostra busca a posta en valor da olería tradicional galega a través do coñecemento centrándose, nesta ocasión, na cerámica elaborada en Samos. Esta escolma de pezas, cunha cronoloxía que vai desde 1700 ata mediados do século XX, é un exemplo das tipoloxías e formas que se produciron nos obradoiros deste concello lugués.
As referencias documentais amosan unha plena implantación desta olería no couto de Samos desde o século XVIII ata os anos 50 do século XX, constando a presenza de artesáns cacharreiros, coñecidos tamén coma barraxeiros ou louceiros. As parroquias que contaban con obradoiros eran Renche, Loureiro, Couto e Romelle en Samos, e a veciña Calvor no municipio limítrofe de Sarria. Traballaban, segundo as referencias, en rodas altas, a pesares das deformidades que se deixan ver en moitas pezas destes obradoiros.

Ademais de reunir un conxunto inédito de pezas, achegadas por diversos prestadores, de coleccións como a de García Alén e do fondo do propio Museo do Pobo Galego, o labor dos investigadores deu lugar a un extenso traballo de campo para documentar o proceso de elaboración desde o inicio ata o acabado das pezas. Esta pescuda permitiulles exhumar de entre as silveiras algúns vellos fornos para a cocción da cerámica, de características particulares, dos que a memoria estaba practicamente perdida.

De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga