Aínda que o terreo permite a produción agraria, a dedicación á pesca determinou o carácter da illa e dos seus habitantes. Mais tamén esa especialización causou a decadencia da comunidade desde o momento en que as súas xentes marcharon para Bueu ou Beluso na procura de mellores portos para as novas embarcacións que non podían arribar á illa, pouco acolledora no inverno.
A vida na illa, as condicións impostas pola xeografía e mais o clima, son tamén parte da identidade que reafirmaba os onsinos fronte aos demais e marcaba as diferenzas. Esta mostra naceu como un percorrido pola vida comunitaria de homes e mulleres insulares, coas súas actividades cotiás e os acontecementos das súas vidas. A pesca, a agricultura, a matanza, as festas, os casamentos, a morte,... son obxecto das fotografías expostas. Nos anos setenta do século pasado os irmáns Mörling captaron coas súas cámaras a atmosfera da illa, á que Staffan e Josefa Otero lle deron logo forma, resumindo a esencia de Ons.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga