Mercé á colaboración da Rede Museística provincial de Lugo, o Museo do Pobo Galego presenta a exposición sobre a traxectoria de Isaac Díaz Pardo como promotor e deseñador das cerámicas de O Castro, Magdalena (Arxentina) e Sargadelos, e mais do Laboratorio de Formas.
Esta singular exposición, a primeira que se realiza sobre esta faceta artística de Díaz Pardo á que consagrou gran parte da súa vida, inclúe bosquexos orixinais dalgunhas das pezas que se expoñen, que ven a luz por vez primeira. Hai que subliñar tamén que moitas das obras que conforman a mostra son descoñecidas e outras son prototipos de pezas que non se chegaron a comercializar ou que xa están esgotadas hai moito tempo.
Díaz Pardo (1920-2012), que foi presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, é recoñecido pola súa traxectoria como artista plástico; como creador de empresas que elevaron o deseño galego a un nivel superior e o difundiron por todo o mundo; como benefactor que empregaba gran parte dos rendementos desas empresas en financiar entidades que acolleron artistas e investigadores novos e vellos; e, finalmente, como un dos primeiros valedores da memoria histórica de Galicia
From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours
Sundays and holidays
11 - 14 hours
MONDAYS CLOSED
December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours
Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)
Ordinary ticket:
4 euros
Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)
Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed
Groups of 6 or more:
3 euros per person
Temporary Exhibition visits:
Free
Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.
Download