A exposición “MANUEL RODRÍGUEZ LOPEZ, emigrante galego, poeta obreiro” , promovida por GaliciaDigital e a familia do escritor, conta co apoio do Concello de Paradela, Concello de Lugo, Deputación Provincial de Lugo (Vicepresidencia) e as Secretarías Xerais de Política Lingüística e Cultura da Xunta de Galicia. E, neste caso, para a súa exposición en Compostela, coa colaboración do Concello de Santiago e o Museo do Pobo Galego.
A mostra está formada por 8 paneis dobres nos que se expoñen de xeito moi gráfico anacos da vida e obra do escritor de Paradela, fillo predilecto do seu concello natal. Chega esta exposición itinerante ao Museo do Pobo Galego na capital de Galicia, despois de poder contemplarse en Paradela, Lugo (Museo provincial), Begonte (Casa da Cultura), Sarria e Portomarín. A comezos do próximo mes de maio viaxará a Cataluña, terra na que Manuel Rodríguez López escribiu a maior parte da súa obra.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga