A carreira de Baltasar Cue como fotógrafo profesional foi breve pero, sen dúbida, nos atopamos diante dun dos máis singulares protagonistas do significativo desenvolvemento da fotografía no oriente de Asturias, con centro na vila de Llanes.

Emigrante en Cuba de mozo, as súas inquietudes conducirano a unha formación cosmopolita en París e Londres, que ampliará en viaxes por Europa antes de se establecer na súa vila natal. Como fotógrafo introducirá a "foto-pintura", en colaboración co pintor Manuel Fernández-Escandón Lebraud, e documentará as paisaxes e acontecementos da Llanes finisecular. Nese panorama aberto e ecléctico Cue achega unha obra singular no ambiente da fotografía asturiana e española de fins do século XIX: a súa galería de tipos populares. Con esta serie, o fotógrafo llanisco amosa interese concreto por esas persoas exóticas ou marxinais que raramente accederían ao seu estudo para seren retratadas. Deste xeito transcende unha paisaxe humana normalizada, para outorgar un carácter emblemático a todos aqueles individuos dos que a personalidade escapa aos ríxidos esquemas que definen a estrutura social dese tempo, nun mosaico polo que desfilan músicos, pobres de pedir, heroes locais, moinantes e personaxes fieis a unha identidade tradicional que se estaba a perder.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga