O Museo do Pobo Galego inaugura o vindeiro xoves, 23 de xaneiro, unha exposición temporal de produción propia que pretende reivindicar o oficio das tecelás. O oficio de tecelá era exercido case exclusivamente por mulleres que como aquela da cantiga teñen “... o pé na premedeira e a lanzadeira na man” achegando importantes ingresos á economía da casa.

Nesta exposición temporal, poderanse contemplar pezas da colección do MPG que están normalmente gardadas nas salas de reserva. Trátase de pezas realizadas en liño ou la, con técnicas como o gurullo ou o repaso e cun gran abano de deseños e cores. O lucimento e variedade móstrannos a riqueza e creatividade que hai na cultura popular.
O instrumento fundamental para a realización destas pezas únicas é o tear, a máquina que elabora o tecido a partir de fíos. Na exposición contarase tamén con este elemento e con outros precisos para o laborioso ritual necesario para o funcionamento do tear.

A mostra vai estar aberta desde o 23 de xaneiro ao 2 de marzo no andar do claustro do Museo do Pobo Galego e a entrada será gratuíta.
From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours
Sundays and holidays
11 - 14 hours
MONDAYS CLOSED
December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours
Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)
Ordinary ticket:
4 euros
Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)
Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed
Groups of 6 or more:
3 euros per person
Temporary Exhibition visits:
Free
Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.
Download