Dentro do programa de divulgación dos fondos da Biblioteca do Museo, e continuando coa Biblioteca Baltar, tócalle esta vez ao humor gráfico. A cantidade e calidade dos fondos bibliográficos que verbo do humor ten esta Biblioteca fannos merecedores dunha exposición específica.
Libros e revistas publicados entre os anos 1894 e 1986 recollen os debuxos dalgúns dos máis importantes humoristas gráficos deste período, “Castelao, Abelenda, Siro, Peter Arno, Steimberg, Sennep, Gila ou Forain”. Os temas da II Guerra Mundial, a loita polas liberdades na transición, a defensa da paz, os problemas laborais e outras cuestións sociais, son materias cos que os debuxantes nos fan reflexionar a través do humor.
Esta mostra bibliográfica leva unha orde cronolóxica, con dous apartados especiais, o humor negro e, como non podía ser de outra maneira, o humor médico. Pecha a exposición unha selección de libros que tentan teorizar sobre o humor xunto a antoloxías de humor de distintos países.

From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours
Sundays and holidays
11 - 14 hours
MONDAYS CLOSED
December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours
Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)
Ordinary ticket:
4 euros
Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)
Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed
Groups of 6 or more:
3 euros per person
Temporary Exhibition visits:
Free
Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.
Download