Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí.

Language

Select your language

quick navigation menu

Back to start, browse the the web map or contact us



You are in::

Exhibitions

A IMAXE REB/VELADA 2012. Debuxos e fotografías de Baldomero Pestana

05-06-2013 - 14-07-2013

Baldomero Pestana é un artista plástico lucense cunha relevante traxectoria internacional. Nacido en Pozos (Castroverde) en 1918, emigrou con catro anos á Arxentina, onde traballou en varios oficios ata que, 37 anos despois inscribiuse nun curso de fotografía que habería de labrarlle o seu futuro. Anos máis tarde volta a Europa e instálase en París, coincidindo cos acontecementos de Maio do 68, que fotografou abondo, para logo percorrer o continente e acrecentar a importancia do debuxo e da pintura na súa obra. Reside en Lugo desde hai a penas nove anos.

As súas fotografías constitúen unha importante colección non só sa súa etapa coma fotógrafo de prensa do Diario Oficial de Perú senón tamén das súas colaboracións coa ONU e a UNICEF, coa axencia McCann-Erickson, a International Petroleum Company, ou as revistas Fanal, Caretas, Esquire, Life e Time. El mesmo encadra a súa obra nun estilo clásico e realista, confesando o seu gusto polo Renacemento. De algunha maneira, o gusto polo hiperrealismo, de moda cando se decide a expoñer os seus debuxos (década dos 70), quedou prendido na súa traxectoria. Pouco despois esta corrente sería encadrada no Fotorrealismo, correntes ámbalas dúas americanas, pero coa tinturas da achega europea que tanto éxito lle produciu.

 

Sempre traballou coa base dos seus documentos e acomodou a súa técnica á visión fotográfica das escenas, coa sinxeleza dos debuxos a lapis de grafito e papel Brístol, e os temas. Temas que con moita frecuencia abordan a marxinación, sobre todo no Perú, onde tanto traballou, emigrantes, refuxiados, mendigos e campesiños pobres, pero tamén xentes das rúas de París, moitos deles con naturezas mortas. Fragmentos complementarios ou contrapostos nas súas composicións, dun realismo case doente para con todo o que nos rodea, a vida, a morte, o amor, a relixiosidade…

 

A mostra, unha brevísima antoloxía da súa ampla produción, preséntase agrupada en tres seccións. A primeira, Personaxes, reúne fotografías de persoeiros ilustres que posaron para a súa cámara: Bioy Casares, Borges, Bryce Echenique, Gillespie, Carlos Fuentes, García Márquez, Laxeiro… Baixo o rubro Fotos artísticas móstranse imaxes tomadas entre 1959 e 1981 nos puntos máis distantes do ancho mundo. Por fin, os Debuxos son obras realizadas a lapis sobre papel Brístol entre 1979 e 1992.

Opening hours

Museum Opening Hours

From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours

Sundays and holidays
11 - 14 hours

MONDAYS CLOSED

December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours

Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)

Price

Museum prices

Ordinary ticket:
4 euros

Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)

Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed

Groups of 6 or more:
3 euros per person

Temporary Exhibition visits:
Free

Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)


WHERE WE ARE

Where we are

Access location map

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

New Web APOI

APOI Logo

More information in: apoi.museodopobo.gal



Group Visits

Group Visits

It is possible to arrange group visits by prior appointment

More information on guided visits

virtual visit

A virtual look at the museum

máis información das visitas guiadas

Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.  Quicktime Logo Download



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, addresse, contact and privacy policy