Con motivo de dedicarse este ano o Día das Letras galegas ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, o Museo do Pobo Galego fai, como todos os anos no mes de maio, unha mostra bibliográfica sobre a persoa a quen se lle dedica este día.
Nesta mostra quer darse unha visión das diversas facetas de Roberto Vidal Bolaño, desde a de director e intérprete, ata a de autor e animador da escena galega, especialmente nos anos da transición. Así exhíbense as diferentes edicións da obra teatral de Vidal Bolaño, mesmo o texto mecanografado da obra Ruada das papas e o unto, como obras que fan referencia ao quefacer teatral deste autor compostelán¡ e ao seu papel na historia do teatro galego.
Na mostra tamén esté un dos sombreiros que pertencía ao dramaturgo e identificativo da súa imaxe e silueta.
150 Aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro
O Museo do Pobo Galego conmemora esta efeméride cunha mostra bibliográfica onde se expoñen diversas edicións deste libro, así como diferentes antoloxías da obra rosaliana.
Cabe destacar unha primeira edición de Cantares Gallegos, obra que procede da biblioteca do convento compostelán de San Francisco, ou a edición en galego e xaponés realizada por Takekazu Asaka, así como outra en braille, pasando pola edición de 1872, pola da librería compostelá Gali de 1941 ou polas varias edicións que se fixeron no exilio
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga