Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí.

Language

Select your language

quick navigation menu

Back to start, browse the the web map or contact us



You are in::

Exhibitions

Domingos de Andrade. Excelencia do Barroco

15-11-2012 - 18-01-2013

O 12 de novembro de 1712 falecía en Santiago de Compostela, na súa casa do Pombal, Domingos Antonio de Andrade, o autor ceense que levou a arquitectura do barroco galego ás máis altas cotas de excelencia. Sobranceiro entre unha xeración irrepetible de mestres que se formaron e traballaron arredor da fábrica catedralicia compostelá, repousa baixo unha tampa anónima na capela da Concepción da catedral, pero a súa memoria señorea a urbe desde o requintado remate da Torre do Reloxo, trepa polos muros nas vizosas sartas froitais da Casa da Parra e acaba por ascender nunha vertixe inaudita pola tripla hélice da escaleira de Bonaval.

 

Andrade é xa mestre de obras da catedral cando, en 1685, chega a Santiago o dominico mexicano frei Antonio de Monroy, que permanecerá na sé compostelá ate a súa morte, en 1715. Monroy dedica a súa fortuna a enriquecer o patrimonio eclesiástico da cidade. Compostela transfórmase baixo a túnica do virtuosismo e a monumentalidade barrocos. En plena apoteose construtiva, a cidade móvese impulsada polo dinamismo de fachadas e retablos, e ata os cantos e esquinas máis humildes das súas rúas entréganse á nova linguaxe de efectistas contrastes lumínicos e dinámicas perspectivas. Domingos de Andrade será o encargado desa gran transformación escenográfica, un trazado artístico que continuarán os seus igualmente afamados discípulos Casas Novoa e Simón Rodríguez.

 

Participa na remodelación da catedral, deseñando a nova estrutura externa da Praza da Quintana, así como na Capela do Pilar e na Torre do Reloxo, a que, segundo Pérez Costanti, "consolidou o seu renome e testemuñou por modo especial o seu talento".

 

No convento dominico de San Domingos de Bonaval, ás trazas góticas e renacentistas, o arquitecto incorpora agora os modelos da época. Na fachada da portería proxecta un ángulo de algo menos de 90o graos coa portada da igrexa, na procura dunha perspectiva favorable para enfatizar o efecto monumental do conxunto, situado nunha cota dominante. A portada está composta por dúas grandes pilastras toscanas que soportan un frontón curvo partido e enmarcan a porta alintelada, que preside a imaxe do santo fundador e unha inscrición que remite ao patrocinio do arcebispo Monroy. As pilastras vense decoradas por un ornamento representativo, as sartas de froitas, vistoso e inequívoco elemento do, desde entonces, barroco compostelán.

 

Cando Andrade asume o encargo o claustro xa tiña construído un lenzo, e remata a obra desenvolvendo os tres corpos restantes e decorando o conxunto coas características sartas de froitas que se distribúen nas pilastras da planta baixa, aparentemente repetidas pero todas elas con sutís diferenzas entre si. Por último no ángulo noroeste do edificio conventual o arquitecto coroa o seu traballo coa construción da tripla escaleira de caracol, motivo de admiración de propios e estraños que, ao longo das xeracións, veñen considerándoa como unha das pezas máis singulares do patrimonio arquitectónico da cidade.

 

Cando se promulga a lei de Mendizábal o convento pasa a mans do Concello. Felizmente, puido subtraerse á execución do Real Decreto de 1836 que ordenaba que "los edificios que fueron monasterios y conventos en esta Corte se destinen desde luego al beneficio de los pueblos"; San Domingos fora destinado para cuarteis, con demolición da igrexa. En 1841 o Concello dedica o convento a hospicio. En decembro de 1912 o Boletín Oficial do Estado publica a declaración da igrexa de Bonaval como monumento histórico nacional. En 1945 a ala sur acollía un colexio de xordomudos e cegos. Tamén estivo aquí o arquivo municipal e, por fin, o Concello decide acondicionar e destinar unha parte das dependencias para Museo municipal, que se inaugura en 1963.

 

En 1976, o Padroado do Museo do Pobo Galego, recén constituído, solicita a cesión do edificio. A Corporación municipal aproba a cesión en febreiro de 1977. O Padroado aborda entón as obras de restauración e rehabilitación, garantindo que a nova función asignada ao monumento reverta á comunidade a través de usos socioculturais. A inauguración ten lugar o 29 de outubro de 1977. Trinta e cinco anos despois, o Museo aborda proxectos de futuro cunha remodelación integral arquitectónica e museolóxica, mentres segue traballando en pos de defender e promover, tal e como rezan os seus estatutos, a cultura galega en todos os seus ámbitos.

 

No terceiro centenario do pasamento de Domingos de Andrade, esta institución non podía deixar pasar a oportunidade de rememorar esta figura universal, artífice dunha marabillosa escaleira que segue deslumbrando a propios e estraños. Unha exposición e unha publicación, con textos de expertos na materia, axudarán a que a súa historia resoe nestes inicios do século XXI, ao tempo que tanguen, cada hora, as campás da Berenguela.

Opening hours

Museum Opening Hours

From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours

Sundays and holidays
11 - 14 hours

MONDAYS CLOSED

December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours

Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)

Price

Museum prices

Ordinary ticket:
4 euros

Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)

Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed

Groups of 6 or more:
3 euros per person

Temporary Exhibition visits:
Free

Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)


WHERE WE ARE

Where we are

Access location map

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

New Web APOI

APOI Logo

More information in: apoi.museodopobo.gal



Group Visits

Group Visits

It is possible to arrange group visits by prior appointment

More information on guided visits

virtual visit

A virtual look at the museum

máis información das visitas guiadas

Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.  Quicktime Logo Download



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, addresse, contact and privacy policy