A Fundación Eugenio Granell celebra este ano 2012 o centenario do nacemento na Coruña de Eugenio Fernández Granell. O artista nunca esqueceu a cidade de Santiago de Compostela, na que viviu a infancia e a adolescencia, e por iso, a súa Fundación celebra este evento amosando a súa obra e tamén o importante e rico legado que forma os fondos da Fundación, nun proxecto que conseguiu involucrar as principais institucións culturais de Santiago de Compostela.
Cando en 1995 se constitúe a Fundación Eugenio Granell, o Museo do Pobo Galego acolleu as coleccións por vez primeira. Esta exposicións, comisariada por Natalia Fernández Segarra, recolle as obras máis representativas da colección étnica de Granell, quen, coma moitos dos seus compañeiros surrealistas, compartía coas culturas étnicas unha percepción similar do obxecto. As culturas étnicas atribúen aos obxectos un espírito propio. As máscaras, esculturas e outros obxectos personifican espíritos que durante os rituais posúen unha grande importancia, transformando o individuo que os porta. Para os surrealistas, a capacidade dun obxecto de evocar imaxes mentais e, a través delas, emocións poderosas, dota o obxecto do marabilloso.
From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours
Sundays and holidays
11 - 14 hours
MONDAYS CLOSED
December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours
Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)
Ordinary ticket:
4 euros
Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)
Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed
Groups of 6 or more:
3 euros per person
Temporary Exhibition visits:
Free
Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.
Download