Un dos Un dos máis fermosos exemplos da nosa arte popular está presente nas espadelas e osespadeleiros do Val de Vea, case descoñecidos para o público en xeral e incluso para moitos etnógrafos que tenden a clasificar estas manifestacións coma portuguesas. Do cultivo do liño no Val de Vea sabemos por diversas fontes que dan fe da súa importancia, igual que a elevada produción está testemuñada pola existencia dun trillo para o liño no lugar de Curuxeiras (Santeles). Pero é o instrumental máis miúdo,espadelas e espadeleiros, o que, unido ao anterior, nos dá unha idea da importancia económica da produción do liño e do seu alto valor social no que concorren as relacións de veciñanza que levan parellos os traballos comunitarios. O traballo de transformación do liño, case exclusivamente feminino, era un proceso moi longo e laborioso que requiría un grande esforzo por parte de numerosas persoas. Consta de catro fases principais: o cultivo e a colleita, a obtención da fibra, a transformación en fío e a elaboración de tecidos. Na maioría das fases o volume de traballo era tal que as mulleres da casa non eran suficientes para afrontalo, razón pola que pedían axuda ás parentes e veciñas. Estas xuntanzas, baseadas na reciprocidade e na gratuidade, remataban sempre nunha festa á que acudían os mozos e a veciñanza, converténdose nun acontecemento social, sobre todo para as mulleres, pola vinculación do seu lecer cos traballos colectivos femininos. Cada muller acudía ás espadelas levando a propia ferramenta, espadela e espadeleiro, profusamente adobiadas cos máis diversos motivos decorativos (rosáceas, soles, rodas, abanos, cordóns, custodias e corazóns con incrustacións de cristais e espellos) e con policromía variada. Non cabe dúbida de que esta ferramenta tamén outorgaba certo prestixio social á propietaria, que a amosaba nas concorridas espadelas e presumía da súa feitura. Para estas mulleres a súa ferramenta contaba cun valor engadido: o feito de tratarse de obxectos que pasaban de xeración en xeración. Algúns, regalos de mozos coma sinal de compromiso, outros encargados a carpinteiros da zona e, nas casas de menos recursos, algún membro da familia –pai, tío, avó ou irmán– copiaba agarimosamente os modelos dos carpinteiros simplificando tallas e motivos. Esta mostra pretende, pois, dar testemuño dunha singular manifestación, xa non só laboral, senón tamén artística, onde a cultura popular aínda garda sorpresas.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos y festivos
11 - 14 horas
LUNES CERRADO
24 y 31 de diciembre, 5 de enero: 11 - 14 horas
Cierre anual
1 de enero (Año) y
25 de diciembre (Navidad)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (mayores de 65 años, estudiantes mayores de 18 años)
Entrada gratuíta:
socios del Museo (acompañantes 3 euros), estudiantes menores de 18 años y trabajadores desempleados
Grupos a partir de 6 personas:
3 euros por persona
Visita a exposiciones temporales:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de mayo (Día de los Museos)
25 de julio
29 de octubre (aniversario del MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe la posibilidad de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar la visita virtual es necesario tener instalado:
· QuickTime.
Descarga