Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí.

Language

Select your language

quick navigation menu

Back to start, browse the the web map or contact us



You are in::

Exhibitions

...Para ir a unha espadela

24-05-2012 - 17-06-2012

Un dos máis fermsos exemplos da nosa arte popular está presente nas espadelas e osespadeleiros do Val de Vea, case descoñecidos para o público en xeral e incluso para moitos etnógrafos que tenden a clasificar estas manifestacións coma portuguesas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Do cultivo do liño no Val de Vea sabemos por diversas fontes que dan fe da súa importancia, igual que a elevada produción está testemuñada pola existencia dun trillo para o liño no lugar de Curuxeiras (Santeles). Pero é o instrumental máis miúdo,espadelas e espadeleiros, o que, unido ao anterior, nos dá unha idea da importancia económica da produción do liño e do seu alto valor social no que concorren as relacións de veciñanza que levan parellos os traballos comunitarios.

 

O traballo de transformación do liño, case exclusivamente feminino, era un proceso moi longo e laborioso que requiría un grande esforzo por parte de numerosas persoas. Consta de catro fases principais: o cultivo e a colleita, a obtención da fibra, a transformación en fío e a elaboración de tecidos. Na maioría das fases o volume de traballo era tal que as mulleres da casa non eran suficientes para afrontalo, razón pola que pedían axuda ás parentes e veciñas. Estas xuntanzas, baseadas na reciprocidade e na gratuidade, remataban sempre nunha festa á que acudían os mozos e a veciñanza, converténdose nun acontecemento social, sobre todo para as mulleres, pola vinculación do seu lecer cos traballos colectivos femininos.

 

Cada muller acudía ás espadelas levando a propia ferramenta, espadela e espadeleiro, profusamente adobiadas cos máis diversos motivos decorativos (rosáceas, soles, rodas, abanos, cordóns, custodias e corazóns con incrustacións de cristais e espellos) e con policromía variada. Non cabe dúbida de que esta ferramenta tamén outorgaba certo prestixio social á propietaria, que a amosaba nas concorridas espadelas e presumía da súa feitura.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para estas mulleres a súa ferramenta contaba cun valor engadido: o feito de tratarse de obxectos que pasaban de xeración en xeración. Algúns, regalos de mozos coma sinal de compromiso, outros encargados a carpinteiros da zona e, nas casas de menos recursos, algún membro da familia –pai, tío, avó ou irmán– copiaba agarimosamente os modelos dos carpinteiros simplificando tallas e motivos.

 

Esta mostra pretende, pois, dar testemuño dunha singular manifestación, xa non só laboral, senón tamén artística, onde a cultura popular aínda garda sorpresas.

 

 Para estas mulleres a súa ferramenta contaba cun valor engadido: o feito de tratarse de obxectos que pasaban de xeración en xeración. Algúns, regalos de mozos coma sinal de compromiso, outros encargados a carpinteiros da zona e, nas casas de menos recursos, algún membro da familia –pai, tío, avó ou irmán– copiaba agarimosamente os modelos dos carpinteiros simplificando tallas e motivos.

 

Esta mostra pretende, pois, dar testemuño dunha singular manifestación, xa non só laboral, senón tamén artística, onde a cultura popular aínda garda sorpresas.

Opening hours

Museum Opening Hours

From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours

Sundays and holidays
11 - 14 hours

MONDAYS CLOSED

December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours

Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)

Price

Museum prices

Ordinary ticket:
4 euros

Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)

Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed

Groups of 6 or more:
3 euros per person

Temporary Exhibition visits:
Free

Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)


WHERE WE ARE

Where we are

Access location map

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

New Web APOI

APOI Logo

More information in: apoi.museodopobo.gal



Group Visits

Group Visits

It is possible to arrange group visits by prior appointment

More information on guided visits

virtual visit

A virtual look at the museum

máis información das visitas guiadas

Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.  Quicktime Logo Download



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, addresse, contact and privacy policy