
O Museo do Pobo Galego, en colaboración coa Concellería de Cultura da Estrada e a Asociación Rapa das Bestas de San Lourenzo de Sabucedo, presenta os traballos seleccionados no IV Concurso Internacional de Fotografía “Rapa das Bestas”, celebrado o pasado outono.
O xurado, integrado nesta ocasión por Emilio Morenatti, Cuqui Piñeiro e Marcos Míguez, acordou entregar o primeiro premio a Nacho del Río. A mostra inclúe tamén obras de Miguel Fernández, JMD Ventín, Nacho Izquierdo e Roberto Amado.
En palabras de Manuel Rivas, en Sabucedo, as greas son traídas ao espazo do habitar humano. Percorren en comitiva as rúas e rueiros. Pasan noites na noite da aldea. Os fillos do vento, os nómades que circundan o núcleo humano, tratan de protexerse na invisibilidade da bouza neboenta, mais agora fanse visíbeis. Recoñecidos. O primeiro paso para restabelecer unha relación de respecto.
Esta interacción entre o home e a besta é o principal interese da rapa para o visitante, máis hoxe que hai vinte ou trinta anos, pois os nosos hábitos económicos mudan conforme os tempos avanzan. Mais, noutro tempo, a cría de cabalos e os seus coidados conformaba unha achega económica non desprezable para os donos das bestas, así coma un xeito de vida que marcaba un ritmo dependente dos cabalos: reunilos, baixalos ao pobo, a rapa e a marca e, finalmente, a volta do cabalo ao monte…
Naturalmente, os xeitos de ollar esta tradición son particulares de cada un, e así é coma o Concurso Internacional de Fotografía “Rapa das Bestas de Sabucedo” quere que se amose, coa perspectiva de diferentes miradas e técnicas que reflictan una faceta da rapa, unha interpretación a través do obxectivo da cámara, libre e subxectiva, atada á concepción do espazo e do movemento que cada fotógrafo quere plasmar.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga