Este proxecto expositivo nace na Coruña co gallo do 75º aniversario da cristalería El Reflejo, fundada en 1935 por Jesús Ares González. Grazas á xenerosidade desta empresa, os artistas puideron construír os seus propios soños deixando que a imaxinación fluíse a través da beleza e luminosidade transparente do cristal.
Soledad Penalta, Tiago Madeira, Manuel Patinha, Paco Pestana, Álvaro de la Vega, Tono Galán, Montse Rego, María Xosé Díaz, Carmen Senande, Acisclo Manzano e Julia Ares reuniron esforzos para demostrar que hoxe a única barreira que se pode aplicar á arte contemporánea é a da calidade. José Luis Rey e Queca Ares achegaron a sua creatividade á montaxe, e Pepa Cerviño fixo o propio cun rigoroso texto historiográfico no catálogo da mostra.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga