O Museo do Pobo Galego agradece á Fundación Iberoamericana para el Desarrollo e a Xaime Fandiño a oportunidade que nos dan de amosar unha exposición implicada en apoiar a denodada loita de pobos indíxenas de América Latina que se afanan en manter unha cultura herdada, defender o seu rico patrimonio natural e reivindicar a súa propia identidade. Secuencias como a recuperación do cultivo tradicional da cañahua ou o importante papel desenvolvido pola muller en todo este proceso de resistencia e recuperación revelan unha ventá aberta á multiculturalidade. As imaxes sensibilizan e resultan ser, xa que logo, o mellor vehículo de comunicación entre os pobos.
_redimensionar.jpg)
Xaime Fandiño Penas é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade compostelá e máster en Fotoxornalismo pola Autónoma de Barcelona. Fotógrafo free-lance e documentalista, proclama que «fronte a unha concepción da imaxe que esmorece na procura da realidade, da memoria e do compromiso, neste momento histórico de saturación tecnolóxica e informativa, esta colección de fotografías (e cómpre dicir, de momentos intensamente vividos), procura combater a imaxe como ornamento e cerimonial. Recuperar a necesidade de entendemento, facérmonos conscientes da alteridade, do diferente e da dificultade de comprensión que nos plantexa, e porén, da nosa propia identidade. Porque é a identidade a que nos define na historia, e nos proporciona o locus dende o cal pensarnos e relacionarnos».
_redimensionar.jpg)
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga