Nos fondos da Biblioteca Baltar apréciase a idea expresada por Borges de que os libros de cada persoa reflicten o máis íntimo e persoal de cada un. É evidente que estes exemplares, vinculados á arte en xeral e con numerosas e explícitas referencias a Galicia, ás Vangardas europeas e a Picasso en particular, din moito de quen se interesou durante anos por adquirilos e gozalos. Detrás de cada páxina se perciben as querenzas dos seus propietarios pola cultura. A insistencia nunha temática vinculada á arte vese resaltada, se cabe máis, por publicacións nas que arte e literatura viaxan xuntas, achegando unha asociación creativa consumada polo traballo ilustrativo dos pintores e a poesía ou o relato dos escritores.Esta exposición mostra unha escolma da sección bibliográfica de arte presente nestes fondos, que hoxe, grazas á xenerosidade da Familia Baltar viven xa enlazados á vida deste Museo e, en consecuencia, á cultura e sociedade galegas. Mercedes Rozas e Rosa Méndez son as responsables da selección dos exemplares para esta ocasión, baseada principalmente nos libros de arte ilustrados e publicados na primeira metade do século XX. Trátase de monografías de gran formato, revistas ou catálogos, aínda que predomina claramente o Surrealismo cunha postura de reivindicación social a través da arte.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga