A VI edición de Entre Amigos, exposición de fotografía etnográfica das socias e socios do Museo do Pobo Galego, conta, desta volta, coa participación de 14 socios que presentan 16 series (máis de 140 fotografías), e cunha nova sección dedicada ao debuxo etnográfico, coma homenaxe a Xosé Pena Sanz (1945-1995), que foi debuxante do Museo do Pobo.
Os bloques que a compoñen son as intervencións do home na natureza (Lois Gutiérrez Faílde con Os Vixías e Hixinio Flores con Marcos divisorios de grandes extensións), o mundo mariñeiro (Xesús García Devesa con Subindo motores, Rosa García-Orellán con Mulleres do século XXI, Fuco Sanjiao con Na seca (Prohibico mariscar) e Lino Lema con dúas series, O porto de Quilmas e Mudan os tempos, mudan as vontades), a Galicia agrícola (Hixinio Flores con O emprego polo home da súa propia imaxe para producir espanto e Xoán Ramón Marín Martínez con A seitura en Manzaneda), o mundo relixioso-festivo (David Conde con A romaría do Santo Cristo da Agonía, Manuel Vilar Álvarez con O carballo santo de San Fins de Cambeda e Clodio González Pérez con Tempo de flores, tempo de amores), o ámbito urbano (José María Laredo Cordonié con Memoria da vida urbana, Xoán Xosé Molina con Enrasadas e Manuel Calviño con A carón) e pecha a exposición a serie sobre Níxer de Nieves Herrero, A nena que xoga cunha botella de plástico.
Na sección homenaxe conta con debuxos etnográficos do propio Xosé Pena e coas colaboracións de María Caamaño Roig, José María Laredo Verdejo e Xoán Ramón Marín Martínez.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga