Esta pequena, pero representativa mostra achéganos á arte xaponesa a través de autores tan coñecidos como Utamaro ou Hokusai quen na súa representación da grande onda de Kanagawa se nos amosa hoxe case que coma un profeta do que a súa terra está a vivir nestes días.
Estes fondos que o Museo amosa pertencen na súa maioría á Biblioteca Baltar, pero tamén aos fondos de Gustavo Santiago Valencia, ou do propio Museo.
Acompañan a exposición algúns obxectos de cerámica e unha pintura sobre seda realizada no forro dunha chaqueta (haori). Estas pezas foron cedidas para esta ocasión por socias do Museo.
Esta breve mostra dos fondos de artistas xaponeses que posúe o Museo quere ser unha homenaxe a esa terra tan castigada, un sentimento de solidariedade e, á vez, a expresión do máis fondo desexo dunha pronta e venturosa recuperación.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga