O Museo do Pobo Galego, en colaboración coa Concellería de Medio rural e Turismo da Estrada e a Asociación Rapa das Bestas de San Lourenzo de Sabucedo, presenta os traballos seleccionados no III Concurso Internacional de Fotografía “Rapa das Bestas”, celebrado o pasado outono.
O xurado, integrado por José Navia, Nieves Loperena e Carlos Puga, acordou por unanimidade declarar o premio deserto. Porén, entre os vinte e tres traballos admitidos a concurso, consideráronse merecentes de mención de recoñecemento varias series e fotografías singulares presentes na mostra.
Xosé Neira Vilas refire como, en Sabucedo, o cabalo é un animal próximo, tanxible. As greas que viven no monte participan unha vez ao ano na Festa da Rapa, na que admiramos as bestas, que é como se se humanizasen entre tanta xente, e os aloitadores que se enfrontan a elas coma nun xogo de forza e destreza. O espectáculo adquire unha plasticidade singular, por iso resulta tan atractivo non só para os espectadores senón para os fotógrafos. Ten o encanto de que

se trata dunha loita corpo a corpo entre o ho
me e a besta. E aínda que se resiste, de pronto o cabalo dá a impresión de que é cómplice de todo aquilo, que participa na festa.
(Fotografía: Fuco Reyes)
From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours
Sundays and holidays
11 - 14 hours
MONDAYS CLOSED
December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours
Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)
Ordinary ticket:
4 euros
Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)
Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed
Groups of 6 or more:
3 euros per person
Temporary Exhibition visits:
Free
Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.
Download