O proxecto expositivo de Xosé Abad pretende amosar o salto entre dúas xeracións de mulleres cunha relación de afectividade, con vidas diversas ligadas a traballos moi diferentes, que transcenden do privado e particular ao xenérico e emblemático, converténdose en representantes de dúas formas de vida.
(m)2 aposta pola contribución cultural e creativa dende unha perspectiva novidosa: o salto producido entre as nais que traballaron no sector primario e as fillas que acceden ao sector servizos no transcurso dunha soa xeración e que só se pode contar neste preciso momento. Este salto nos modos de acceso ao traballo das mulleres é un proceso que, acaso, en ningures se deu con tal celeridade coma en Galicia, por iso a documentación deste feito pon en valor as bases dunha profunda transformación acollida con naturalidade. Os traballos das nais que forman parte do proxecto (m)2 tamén están ligados aos modos de produción galegos, e en moitos casos, a piques de desaparecer.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga