Os Inuit, pobos do Ártico, amosa unha selección das imaxes e documentos realizados por Vilhjálmur Stefansson como froito das súas expedicións polo noroeste de Norteamérica, materiais que reflicten os seus diarios e as máis de 400 publicacións (libros, ensaios, artigos,...) que Stefánsson dou á luz ao longo da súa vida e traxectoria académica.
Nacido en Canadá en 1879, Vilhjálmur Stefansson criouse en North Dakota nunha comunidade de inmigrantes islandeses. Rematou os estudos de antropoloxía en Harvard en 1906. O mesmo ano viaxou ás rexións árticas, onde viviu case ininterrompidamente ata 1918.

Stefansson recolleu nos seus diarios descricións detalladas das comunidades nativas, viaxes, climatoloxía, fauna e costumes locais das rexións nórdicas de Canadá e Alaska. Coa súa esposa Evelyn formou unha gran biblioteca de investigación, que se encontra no Dartmouth College de Hanover, New Hampshire.

De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga