O Museo do Pobo Galego, en colaboración coa Concellería de Medio rural e Turismo da
Estrada e a Asociación Rapa das Bestas de San Lourenzo de Sabucedo, presenta a exposición dos
traballos seleccionados no II Concurso Internacional de Fotografía “Rapa das Bestas”,
celebrado o pasado outono.
Entre as 36 series presentadas ao concurso, o xurado resolveu conceder o premio á titulada
“A lenda do tempo”, de Alfonso Durán Castillo, considerando que “se trata dun traballo no
que o seu autor se atreveu a escoller un momento particular da Rapa, resolvéndoo nunha
serie fotográfica compacta de gran contundencia e mestría”. A exposición e catálogo inclúen
tamén outras series que, “ou ben contan cun estilo persoal que aporta unha concreta e
interesante visión da festa da Rapa, ou ben inclúen fotografías singulares de gran calidade”.
A segunda edición do concurso fotográfico en torno á rapa das bestas de Sabucedo
consolídase como un encontro de referencia para profesionais e afeccionados á fotografía.
Cada ano, o curro de Sabucedo convértese nun auténtico “couto fotográfico”, a máis da súa
recoñecida condición de icona das tradicións galegas. O nivel de cantidade e calidade das
fotografías presentadas increméntase en cada convocatoria, contribuíndo a mellorar a oferta
das variadas visións que xera a rapa.

De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga