O Museo do Pobo Galego ofrece unha mostra bibliográfica do homenaxeado no Día das Letras Galegas 2010, Uxío Novoneyra. A familia do poeta prestou a súa colaboración para este evento.
A mostra consta de primeiras edicións e colaboracións en diversas publicacións, acompañadas por biografías e crítica literaria en torno á súa obra. Todos estes títulos forman parte dos fondos da Biblioteca da institución; algúns dos exemplares amosan dedicatorias autógrafas para o Museo do Pobo Galego, co que Novoneyra mantivo unha relación asidua na súa condición de presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Xunto á colección bibliográfica, ofrécese unha audición que exemplifica a faceta do Poeta do Courel coma recitador, na que destacou.
A xeito de complemento desta conmemoración das Letras Galegas, o visitante poderá ver a mostra Rocha Viva, de Xosé Manuel Ribeira, que ofrece unha orixinal ollada sobre os personaxes homenaxeados neste día, desde 1963 ata a actualidade. Trátase de caricaturas sobre cantos rodados con pequenos textos de cada un dos autores, unha maneira sinxela e entretida de achegármonos á celebración da nosa lingua.
From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours
Sundays and holidays
11 - 14 hours
MONDAYS CLOSED
December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours
Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)
Ordinary ticket:
4 euros
Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)
Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed
Groups of 6 or more:
3 euros per person
Temporary Exhibition visits:
Free
Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.
Download