Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí.

Language

Select your language

quick navigation menu

Back to start, browse the the web map or contact us



You are in::

Exhibitions

DEBUXANTES DA PEDRA, FABRICANTES DA LATA. O LEGADO DE “LA ARTÍSTICA S.A.”

13-04-2010 - 16-05-2010 (ampliada ata o 23-05-2010)

 

O obxectivo desta exposición é presentar o legado de “La Artística S.A.”, principal empresa galega na elaboración de latas para unha industria que rapidamente se afianzou na nosa terra. Este legado en forma de pedras litográficas, documentación e diversos materiais, depositado nos fondos do Museo do Pobo Galego, atesoura unha interesante información sobre a industria da conserva, o acontecer da sociedade e os seus costumes reflectidos artisticamente nos gravados que conforman a lata de conservas.

A concesión a Nicolás Appert en 1810 do premio de 12.000 francos convocado por Napoleón Bonaparte para quen descubrise un método de conservar os alimentos para subministración do seu exército marca o inicio da industria das conservas no mundo. Os recipientes de vidro usados inicialmente non tardaron en ser substituídos por botes de folla de lata. Así, o produto conservado deixaba de ser visible e comezaba a necesidade de decorar os envases.

A fabricación de conservas herméticas de peixe en Galicia se remonta a 1841. Porén, non foi ata a década de 1880 cando comezou a converterse nun verdadeiro sector industrial. A partir de 1900 Galicia confírmase como líder do sector en España e sitúase no grupo de cabeza dos países produtores no ámbito internacional.

A litografía era o procedemento empregado para trasladar a decoración, a marca e información aos envases de folla de lata. Este proceso levábase a cabo nas empresas metalgráficas, que ademais da impresión litográfica dedicábanse á fabricación dos envases. En Galicia as metalgráficas nacen estimuladas polo desenvolvemento da industria conserveira de peixe, sector co que manteñen unha relación moi estreita. Pero tamén atendían a demanda doutras industrias agroalimentarias peninsulares dedicadas ao envasado de aceites, verduras, froitas, etc., así como da industria farmacéutica e de perfumería.

A exposición comeza cunha breve introdución sobre a industria conserveira e metalgráfica en Galicia, facendo especial mención a La Artística. Continúa cunha concisa explicación do procedemento de litografado do metal e tamén da elaboración do propio envase. Finalmente, faise unha análise dende o punto de vista artístico dos diferentes deseños publicitarios empregados nos envases de lata.

 

Opening hours

Museum Opening Hours

From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours

Sundays and holidays
11 - 14 hours

MONDAYS CLOSED

December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours

Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)

Price

Museum prices

Ordinary ticket:
4 euros

Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)

Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed

Groups of 6 or more:
3 euros per person

Temporary Exhibition visits:
Free

Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)


WHERE WE ARE

Where we are

Access location map

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

New Web APOI

APOI Logo

More information in: apoi.museodopobo.gal



Group Visits

Group Visits

It is possible to arrange group visits by prior appointment

More information on guided visits

virtual visit

A virtual look at the museum

máis información das visitas guiadas

Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.  Quicktime Logo Download



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, addresse, contact and privacy policy