
A exposición recrea a personalidade de Ramón Piñeiro López (1915-1990), unha das figuras máis representativas e influentes da Galicia da segunda metade do século XX, que puxo a súa vida ao servizo da reconstrución da identidade do país e da dignificación da súa cultura. Ramón Piñeiro foi patrón fundador e vicepresidente do Museo do Pobo Galego desde 1981 ata o seu pasamento.
A mostra foi inaugurada a mediodía do venres 6 de novembro nun acto presidido polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, xunto co director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, Aníbal Piñeiro en representación da familia, o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e o presidente do Museo do Pobo Galego, Isaac Díaz Pardo.
culturaeturismo.xunta.es/actualidade/nova.php
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga