Durante os meses de setembro e outubro o Museo do Pobo Galego presenta unha mostra fotográfica de Luís López "Gabú".
Nesta serie dedicada ás madrasas e escolas coránicas hai fotografías que serven de reflexión e provocan emocións, fotografías soberbias que suscitan máis dun pensamento, porque removen conciencias e seducen pola súa maxia. A súa mensaxe é clara e á vez poética.Gabú coñeceu en África "o poder da dignidade", e iso é o que precisamente nos transmite nas súas creacións, a dignidade dunha supervivencia.
Este documento gráfico foi tomado co obxectivo de quen domina a técnica, de quen é capaz de abstraerse da dura realidade para obter dela unha beleza sublime, escapando do exotismo vulgar e o dramatismo morboso. Coa complicidade da luz, estudados planos e encadres de valiosa carga emocional, Gabú borra definitivamente a fráxil liña de separación entre a arte e a vida.

From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours
Sundays and holidays
11 - 14 hours
MONDAYS CLOSED
December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours
Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)
Ordinary ticket:
4 euros
Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)
Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed
Groups of 6 or more:
3 euros per person
Temporary Exhibition visits:
Free
Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.
Download