Baixo o comisariado de Enrique Cerrillo e Ana Montalvo, é un percorrido pola xeografía das comunidades que atravesa esta vía -Estremadura e Castela e León- e as súas ramificacións cara a Andalucía, Galicia e Asturias.
A Vía da Prata enlazaba as poboacións de Mérida (Emerita Augusta), capital da Lusitania, e Astorga (Asturica) e a elas uníanse moitos territorios a través dunha rede de camiños secundarios, o que a converteu nun eixo vertebrador do occidente peninsular.
Este eixo, inzado de manifestacións culturais de pobos moi dispares que viviron ou foron chegando á Península Ibérica, serviu de canle difusora que levou unha gran variedade de innovacións cara a todos os puntos do seu itinerario. Ao mesmo tempo, a súa función comercial fixo posible o desenvolvemento de verdadeiros núcleos economicamente poderosos.

A mostra, que se inaugura agora no Museo do Pobo Galego, recrea a través dunha trintena de paneis didácticos os pormenores das diferentes etapas que constitúen a Vía da Prata. Xunto a eles expóñense preto dun cento de pezas que ilustran as diferentes pegadas que, desde a protohistoria e ao longo de tres milenios, depositaron nas marxes desta calzada as distintas culturas que percorreron a Península Ibérica. Pegadas que se materializan na exposición a través de obxectos e réplicas de ourivería, cerámica, relevos, epigrafía, réplicas de esculturas, arxilas, vidros, útiles de tear, material de construción, facsímiles con repertorios de todos os camiños de España, maquetas de maquinaria de construción romana, miliarios… As pezas proceden dunha decena de institucións e coleccionistas privados como a Biblioteca Central da Universidad de Extremadura, o conxunto arqueolóxico de Itálica, o Museo Arqueológico de Asturias, o Museo Arqueológico Nacional, o Museo Arqueológico de Sevilla, o Museo de los Caminos de Artorga, o Museo Provincial de Lugo, o Museo Nacional de Arte Romano de Mérida, o Museo de Reproducciones Artísticas, o Museo de Salamanca, o Museo de Zamora, ou o Parque Arqueológico Natural de la Campa Torres.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga