O prematuro pasamento de Xenaro Martínez, en plena madureza da súa traxectoria como fotógrafo, foi fondamente sentido polos seus moitos amigos e coñecidos, entre os que deixou unha pegada perdurable pola súa calidade profesional e humana. Esta conmoción fixo xurdir espontaneamente entre algúns de nós o desexo de manifestar a estima que sentimos por el. E o Museo do Pobo Galego, institución da que foi socio e coa que mantivo unha relación de colaboración xenerosa, asumiu o compromiso de organizar en 2008 esta mostra, que conmemoraba o primeiro aniversario da súa desaparición. Nesta chuviosa primavera queremos dar a quen nos visitan unha nova oportunidade de gozar da beleza e tenrura das súas imaxes.

Baixo a organización de Mercedes Rozas, tamén socia do Museo, e de Xosé Ramón Fandiño, membro do noso Padroado, reuniuse unha antoloxía dos traballos de Xenaro Martínez sobre o patrimonio histórico e a paisaxe, con algunhas incursións no ámbito da fotografía etnográfica. Procurouse recoller as imaxes máis persoais, algunhas delas inéditas, que son testemuñas patentes da visión estética e poética do fotógrafo.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga