O Museo Arqueolóxico de Ourense e o Museo do Pobo Galego, coa colaboración do Grupo Marcelo Macías e o patrocinio da Consellería de Cultura e Deporte, homenaxean a D. Xesús Taboada Chivite no centenario do seu nacemento.
A vida de D. Xesús Taboada Chivite, vicepresidente que foi do Padroado do Museo do Pobo Galego, estivo entregada á investigación e ao espallamento dos valores culturais de Galicia, con especial dedicación á súa bisbarra do Val do Támega.
Esta exposición biobibliográfica percorre os fitos máis importantes do seu acontecer, tanto no persoal como no eido da investigación, nun intento de difundir e aproximar ás novas xeracións o coñecemento de como se avanzou na configuración da identidade e se puxeron os alicerces da renovación na investigación histórica de Galicia.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga