Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí.

Language

Select your language

quick navigation menu

Back to start, browse the the web map or contact us



You are in::

Exhibitions

Barrio de San Pedro, Porta do Camiño

30-10-2007 - 31-12-2007

As conclusións do VII Coloquio de Museos, celebrado na sede do Museo do Pobo Galego en 2002, incidían no interese de que as nosas institucións fagan un esforzo por achegarse á comunidade máis próxima. O Museo do Pobo Galego é de ámbito supralocal, pero isto non empece para o anterior. Unha proba da presenza do local no Museo é a sala de oficios urbanos, instalada coa colaboración dos ourives composteláns, ou a sala de música, onde se reproduce o taller de construción de instrumentos de Basilio Carril, trasladado desde a propia rúa de San Pedro ao Museo.
 
Nesta liña de actuación, co gallo deste trixésimo aniversario, considerouse oportuno facer unha aproximación específica ao barrio de San Pedro, que dispón dunha personalidade ben definida dentro do conxunto da cidade.
 
A exposición Barrio de San Pedro, Porta do Camiño presenta unha ollada á historia e devir do barrio a través dos seus fitos máis relevantes, cunha referencia particular á presenza do Museo do Pobo Galego. A cartografía ofrece unha síntese da evolución do conxunto urbano, desde a aba da Almáciga ata a valgada de Belvís, o barrio dos Concheiros e a Porta do Camiño, que serve de fío condutor ao conxunto de paneis gráficos que percorren o desaparecido mosteiro de San Pedro de fóra á luz das escavacións realizadas polo Concello en 2002-2003, a arquitectura monumental e urbana con visións de onte e de hoxe, a presenza aínda viva das relixiosas dominicas de Belvís, que nos permitiron botar unha ollada discreta á vida cotiá tras dos muros da clausura; as xentes do barrio cos seus traballos, ritos e festas, algúns personaxes da historia e da lenda, como Bernaldo de Bonaval, a tecedeira de López Ferreiro ou Xoán Tuorum, e, naturalmente, o antigo convento de San Domingos e o Museo do Pobo Galego como un elemento cualificado no conxunto do barrio.
 
O obxectivo último desta mostra, que está patrocinada pola Consellería de Cultura e Deporte e pola Concellería de Cultura de Santiago, é realizar unha actividade participativa que aproxime o Museo ao barrio e os veciños ao Museo, que rompa a barreira mental entre o Museo como recurso cultural-turístico e a vida ordinaria da poboación. Neste propósito cómpre salientar a implicación dos veciños a través dos seus órganos asociativos.
 

Opening hours

Museum Opening Hours

From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours

Sundays and holidays
11 - 14 hours

MONDAYS CLOSED

December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours

Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)

Price

Museum prices

Ordinary ticket:
4 euros

Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)

Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed

Groups of 6 or more:
3 euros per person

Temporary Exhibition visits:
Free

Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)


WHERE WE ARE

Where we are

Access location map

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

New Web APOI

APOI Logo

More information in: apoi.museodopobo.gal



Group Visits

Group Visits

It is possible to arrange group visits by prior appointment

More information on guided visits

virtual visit

A virtual look at the museum

máis información das visitas guiadas

Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.  Quicktime Logo Download



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, addresse, contact and privacy policy