Condicións de envío: 1.- Os pedidos non se consideran en firme ata que sexa confirmado polo museo a súa dispoñibilidade e importe incluídos os gastos de envío e recibida por correo electrónico a aceptación do importe. 2.- Para o envío do pedido será necesario se teña constancia no museo do seu pagamento consonte ao medio escollido, agás que sexan solicitados contrarrembolso. 3.- Os socios do Museo do Pobo Galego teñen un desconto do 40% sobre o importe sen gastos de envío 4.- Os pedidos superiores a 30 euros para calquera das comunidades autónomas españolas serán de envío gratuíto. 5.- Non se admiten devolucións agás por danos na entrega do paquete, caso no que será substituída a publicación danada por un exemplar similar.